Folletos Web Ciclo
Aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.
En medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxe persoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado, e en xeral en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxe persoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0638 | Análise estética | LOOIFP |
1º | MP0641 | Cosmetoloxía para estética e beleza | |
1º | MP0636 | Estética de mans e pés | |
1º | MP0640 | Imaxe corporal e hábitos saudables | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0634 | Maquillaxe | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0633 | Técnicas de hixiene facial e corporal | |
2º | MP0639 | Actividades en cabina de estética | LOE |
2º | MP0635 | Depilación mecánica e descoloración da peluxe | |
2º | MP0645 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0646 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0643 | Márketing e venda en imaxe persoal | |
2º | MP0642 | Perfumaría e cosmética natural | |
2º | MP0637 | Técnicas de uñas artificiais |
Título de Técnico en Estética e beleza
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.