Folletos Web Ciclo
Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.
En empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0223 | Aplicacións ofimáticas | LOOIFP |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0221 | Montaxe e mantemento de equipamentos | |
1º | MP0225 | Redes locais | |
1º | MP0222 | Sistemas operativos monoposto | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0228 | Aplicacións web | LOE |
2º | MP0230 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0231 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0226 | Seguridade informática | |
2º | MP0227 | Servizos en rede | |
2º | MP0224 | Sistemas operativos en rede |
Título de Técnico en Sistemas microinformáticos e redes
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.