Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como as de atención á clientela no ámbito da restauración, seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría, aínda que tamén pode traballar por conta propia en pequenos establecementos de restauración. Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos en que se desenvolvan procesos de elaboración e servizo de alimentos e bebidas, como o sector da hostalaría e, no seu marco, as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva).

Que ocupacións se desempeñan?
Camareiro/a de bar e cafetaría ou restaurante
Xefe/a de rango
Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos
Barman
Axudante de somelier
Auxiliar de servizos en medios de transporte
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0156 Inglés profesional LOOIFP
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0150 Operacións básicas en bar e cafetaría
MP0151 Operacións básicas en restaurante
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0155 Técnicas de comunicación en restauración
MP0158 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0159 Formación en centros de traballo
MP0154 O viño e o seu servizo
MP0045 Ofertas gastronómicas
MP0152 Servizos en bar e cafetaría
MP0153 Servizos en restaurante e eventos especiais
Que título se obtén?

Título de Técnico en Servizos en restauración

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
Vilamarín