Folletos Web Ciclo
Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, e en xestionar un pequeno establecemento comercial, aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.
En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio.Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais; no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usua-rias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP1233 | Aplicacións informáticas para o comercio | LOOIFP |
1º | MP1231 | Dinamización do punto de venda | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP1226 | Márketing na actividade comercial | |
1º | MP1232 | Procesos de venda | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP1229 | Xestión de compras | |
2º | MP1235 | Comercio electrónico | LOE |
2º | MP1237 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP1234 | Servizos de atención comercial | |
2º | MP1228 | Técnicas de almacén | |
2º | MP1230 | Venda técnica | |
2º | MP1227 | Xestión dun pequeno comercio |
Título de Técnico en Actividades comerciais
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.