Folletos Web Ciclo
Realizar as actividades de axustes mecánicos, entoación e rexistro da imaxe, para a produción de impresos por sistemas convencionais (offset, flexografía e serigrafía) ou por medios dixitais, controlando e mantendo as máquinas e os equipamentos auxiliares, para obter a produción coa calidade e nos tempos establecidos, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En empresas de artes gráficas en xeral que teñan sección de impresión offset, flexografía, serigrafía ou dixital, así como en empresas dedicadas á impresión de libro, á edición de publicacións periódicas, á fabricación de envases e embalaxes de papel, plásticos, complexos e cartón ondulado, ás transformacións do papel e cartón, á impresión de publicidade e á estampaxe téxtil, cerámica e noutros produtos.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0883 | Impresión en baixorrelevo | LOOIFP |
1º | MP0879 | Impresión en flexografía | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0882 | Preparación de materiales para a impresión | |
1º | MP0877 | Preparación e regulación de máquinas offset | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0878 | Desenvolvemento da tiraxe offset | LOE |
2º | MP0885 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0886 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0869 | Impresión dixital | |
2º | MP0880 | Impresión en serigrafía |
Título de Técnico en Impresión gráfica
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.