Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en realizar as operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, consonte a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, tanto públicas como privadas, dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación hidrolóxica forestal, e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural. Trátase de traballadores e traballadoras que poden exercer a súa actividade por conta allea ou por conta propia, que se integran en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente de mandos intermedios. En certos casos de empresas pequenas, poden ter baixo a súa responsabilidade persoal operario, pero coa supervisión de responsables de produción.

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador cualificado por conta propia e por conta allea en actividades forestais e similares, en hortas, viveiros e xardíns, en propagación e cultivo de plantas en viveiro
Maquinista de procesadora forestal
Traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas, en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas
Especialista en colleita de sementes e froitos en altura, en produción de sementes, en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas, en traballos de altura nas árbores, de empresas de repoboación, que realicen tratamentos silvícolas, que realicen traballos de construción e mantemento de camiños e que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal
Motoserrista, abatedor e cortador de toradas
Aplicador de produtos fitosanitarios
Enxertador
Auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras
Guía de actividades de turismo cinexético-piscícola
Corcheiro
Traballador en viveiros en xeral
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0404 Fundamentos agronómicos LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0837 Maquinaria e instalacións forestais
MP0409 Principios de sanidade vexetal
MP0835 Produción de planta forestal en viveiro
MP0832 Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0833 Aproveitamento do medio natural LOE
MP0834 Conservación das especies cinexéticas e piscícolas
MP0479 Control fitosanitario
MP0840 Empresa e iniciativa emprendedora
MP0841 Formación en centros de traballo
MP0836 Prevención de incendios forestais
MP0838 Uso público en espazos naturais
Que título se obtén?

Título de Técnico en Aproveitamento e conservación do medio natural

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Arzúa
Boqueixón
Ourense
Pontevedra