Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en instalar, conservar e restaurar xardíns de exterior e interior, así como pradarías para uso deportivo, e realizar as actividades de produción de planta e de floraría, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións, consonte a normativa ambiental, de control de calidade e de prevención de riscos laborais.
Desenvolve a súa actividade en empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, o mantemento e a mellora de xardíns de interior, de exterior e de zonas verdes, á produción de plantas e terróns de céspede en viveiro e á creación e elaboración de composicións e ornamentacións con flores e plantas. Ademais, desenvolve actividades de comercialización e distribución, tanto por conta propia como por conta allea. Así mesmo, está capacitado para realizar tratamentos praguicidas, segundo a actividade regulada pola normativa e de acordo coa lexislación sobre prevención de riscos laborais.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | LOOIFP |
1º | MP0576 | Implantación de xardíns e zonas verdes | |
1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | |
1º | MP0578 | Produción de plantas e terróns de céspede en viveiro | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción | |
2º | MP0579 | Composicións florais e con plantas | LOE |
2º | MP0479 | Control fitosanitario | |
2º | MP0583 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0580 | Establecementos de floraría | |
2º | MP0584 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0577 | Mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes | |
2º | MP0581 | Técnicas de venda en xardinaría e floraría |
Título de Técnico en Xardinaría e floraría
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.