Folletos Web Ciclo
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos e subprodutos agropecuarios atendendo a criterios de calidade e rendibilidade, realizando operacións de produción e de mantemento das instalacións e dos equipamentos, conforme a lexislación de protección ambiental, de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria.
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira, por conta allea ou por conta propia. Sitúanse dentro do sector agropecuario as seguintes actividades produtivas: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos; explotacións pecuarias; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira; empresas de servizo á agricultura e á gandaría; viveiros e hortas escolares; granxas escola.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | LOOIFP |
1º | MP0405 | Fundamentos zootécnicos | |
1º | MP0475 | Implantación de cultivos | |
1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción | |
2º | MP0479 | Control fitosanitario | LOE |
2º | MP0481 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0482 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0476 | Produción agrícola | |
2º | MP0478 | Produción de carne e outras producións gandeiras | |
2º | MP0477 | Produción de leite, ovos e animais para vida |
Título de Técnico en Produción agropecuaria
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.