Folletos Web Ciclo
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos agropecuarios ecolóxicos con técnicas agrícolas e gandeiras, para a mellora da biodiversidade e da estabilidade do medio, e da fertilidade do solo, en condicións de calidade e aplicando a regulamentación de produción ecolóxica, de benestar animal, de prevención de riscos laborais e de protec-ción ambiental.
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira ecolóxica, por conta propia ou allea. Dentro da produción agroecolóxica atopamos as seguintes actividades: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos ecolóxicos; explotacións pecuarias ecolóxicas; empresas de produción de plantas para xardinaría ecolóxica; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira ecolóxica; empresas de servizo á agricultura e á gandaría ecolóxica; viveiros e hortas escolares; empresas de certificación de produtos ecolóxicos; granxas-escola e aulas de natureza.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | LOOIFP |
1º | MP0405 | Fundamentos zootécnicos | |
1º | MP0406 | Implantación de cultivos ecolóxicos | |
1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción | |
2º | MP0413 | Comercialización de produtos agroecolóxicos | LOE |
2º | MP0415 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0416 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0412 | Manexo sanitario do agrosistema | |
2º | MP0411 | Produción gandeira ecolóxica | |
2º | MP0410 | Produción vexetal ecolóxica |
Título de Técnico en Produción agroecolóxica
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.