Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar itinerarios e guiar grupos por contornas naturais de baixa e media montaña, terreo nevado tipo nórdico, cavidades de baixa dificultade, barrancos de baixo risco, medio acuático e instalacións de lecer e aventura, progresando a pé, con cordas, en bicicleta, en embarcacións e a cabalo, así como dinamizar actividades de tempo libre, adaptando todo iso aos participantes, respectando o medio ambiente e garantindo a calidade e a seguridade.

En que ámbitos se traballa?

Ámbito das actividades deportivo-recreativas na natureza e turismo activo, deportivo ou de aventura e en instalacións de lecer e aventura, así como en actividades socioeducativas de tempo libre, nas áreas de organización, desenvolvemento, dinamización, seguimento e avaliación das devanditas actividades e nas de prevención, vixilancia e rescate en espazos acuáticos naturais. Tamén poden exercer a súa actividade en unidades de intervención acuática e equipos de rescate e socorrismo.
A actividade profesional realízase tanto de forma autónoma como contratada, no ámbito público, xa sexa administración xeral, autonómica ou local, e no ámbito privado, en grandes, medianas e pequenas empresas de servizos vinculadas aos sectores produtivos do deporte, turismo e lecer e tempo libre educativo infantil e xuvenil.

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador de itinerarios terrestres ata media montaña
Deseñador de itinerarios ecuestres ata media montaña
Deseñador de itinerarios en bicicleta por terreos de ata media montaña
Deseñador de itinerarios polo medio acuático en embarcacións de recreo exentas de despacho
Deseñador e organizador de actividades físico-deportivas recreativas guiadas polo medio natural
Encargado de prevención e seguridade en roteiros e eventos en bicicleta
Encargado de prevención e seguridade en roteiros e eventos ecuestres
Guía en actividades de sendeirismo montañismo por baixa e media montaña
Guía en actividades de sendeirismo montañismo por roteiros nevados tipo nórdico con raquetas
Guía de barrancos de baixa dificultade
Guía de espeleología de dificultade baixa
Guía de itinerarios en bicicleta de montaña
Guía de itinerarios de cicloturismo
Guía de itinerarios dacabalo
Guía de itinerarios polo medio acuático en embarcacións de recreo exentas de despacho
Monitor de tempo libre educativo infantil e xuvenil
Monitor de campamentos
Monitor de albergues de mocidade
Monitor de casas de colonias
Monitor de granxas-escolas
Monitor de aulas e escolas de natureza
Monitor de actividades no marco escolar
Monitor de instalacións de lecer e aventura
Socorrista en praias marítimas
Socorrista en lagos e encoros
Socorrista de apoio en unidades de intervención acuática
Socorrista en actividades acuáticas na contorna natural
Socorrista en actividades náutico-deportivas
Socorrista en praias fluviais
Socorrista en augas naturais
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP1334 Guía de bicicleta LOOIFP
MP0156 Inglés profesional
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1339 Manobras con cordas
MP1329 Organización de itinerarios
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP1325 Técnicas de equitación
MP1336 Técnicas de natación
MP1335 Técnicas de tempo libre
MP1328 Atención a grupos LOE
MP1341 Empresa e iniciativa emprendedora
MP1342 Formación en centros de traballo
MP1333 Guía de baixa e media montaña
MP1327 Guía ecuestre
MP1338 Guía no medio natural acuático
MPI016 Lingua estranxeira profesional II
MP1337 Socorrismo no medio natural
Que título se obtén?

Título de Técnico en Guía no medio natural e de tempo libre

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial