Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a
Axudante de oficina
Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
Administrativo/a comercial
Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
Auxiliar administrativo/a das administracións públicas
Recepcionista
Empregado/a de atención á clientela
Empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0156 Inglés profesional LOOIFP
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP0438 Operacións administrativas da compravenda
MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0440 Tratamento informático da información
MP0441 Técnica contable
MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela LOE
MP0439 Empresa e administración
MP0446 Empresa na aula
MP0451 Formación en centros de traballo
MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos
MP0443 Tratamento da documentación contable
Que título se obtén?

Título de Técnico en Xestión administrativa

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Betanzos
Carballo
Mugardos
Ordes
Pobra do Caramiñal, A
Ribeira
Santiago de Compostela
Pontevedra
Cangas
Cañiza, A
Guarda, A
Lalín
Neves, As
Pontevedra
Sanxenxo