Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Tapizar mobles, entear superficies e confeccionar cortinas, coxíns, fundas e outros elementos de decoración, cortando, marcando e ensamblando os materiais, aproveitándoos ao máximo e conseguindo produtos coa estética e o acabamento requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas e medianas empresas ou talleres, xeralmente por conta allea, que se dedican a tapizar mobles, entear superficies, confeccionar toldos e fabricar e instalar produtos aplicados ao téxtil do fogar.

Que ocupacións se desempeñan?
Tapiceiro/a de mobles
Tapiceiro/a artesanal
Tapiceiro/a de decoración auxiliar
Tapiceiro/a de vehículos
Enteador/ora
Reparador/ora de toldos
Operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar
Montador/ora de cortinaxes e de estores
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3101 Confección de artigos téxtiles para decoración
MP3100 Confección e montaxe de cortinas e estores
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3077 Materiais e produtos téxtiles
MP3005 Atención á clientela LOE
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3103 Formación en centros de traballo
MP3078 Tapizado de mobles
MP3099 Tapizado de murais e enteamento de superficies
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Tapizaría e cortinaxe

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
Pontevedra