Folletos Web Ciclo

CSS



Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel
Ciclo formativo de grao básico
Título LOOIFP/LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela final.

Que ocupacións se desempeñan?
Zapateiro/a reparador/ora de calzado
Axudante de reparación de calzado
Reparador/ora de artigos de marroquinaría
Axudante de marroquinaría
Gornecioneiro/a
Marroquineiro/a artesanal
Costureiro/a á man ou con máquina doméstica
Costureiro zurcidor/ora
Modista de arranxos e composturas
Operario/a de confección
Operario/a de modistaría
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3101 Confección de artigos téxtiles para decoración
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3091 Reparación de artigos de marroquinaría e elaboración de pequenos artigos de gornicionaría
MP3092 Reparación de calzado e actividades complementarias
MP3095 Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar LOE
MP3005 Atención á clientela
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3097 Formación en centros de traballo
MP3077 Materiais e produtos téxtiles
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Lugo
Monforte de Lemos