Folletos Web Ciclo
Recibir, preparar e procesar materias primas e auxiliares para a produción en industrias alimentarias e químicas, aplicando protocolos establecidos para a elaboración e o envasamento de produtos, e realizando operacións sinxelas e rutineiras de laboratorio, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas correspondentes de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Na industria alimentaria de pequeno, mediano ou gran tamaño, tanto as que se dedican á fabricación directa de transformacións alimentarias como as de servizos e produtos auxiliares para o sector. Desenvolve, xeralmente por conta allea, tarefas normalizas de apoio nas áreas de recepción, preparación, elaboración e conservación, operando de xeito automático con dispositivos, equipamentos e instalacións, e en areas de laboratorio, realizando tarefas sinxelas e rutineiras. Realiza, así mesmo, tarefas de coidado e mantemento de instalacións e equipamentos, e labores relacionados co transporte interno e coa almacenaxe. Ocasionalmente, pode tamén exercer a súa actividade por conta propia no campo da artesanía relacionada coa fabricación de produtos alimentarios derivados da gandaría. Opera seguindo instrucións de persoas coa titulación de técnico/a superior e segundo procedementos establecidos.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | LOOIFP |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3134 | Elaboración de produtos alimentarios | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3070 | Operacións auxiliares de almacenaxe | |
1º | MP3133 | Operacións auxiliares na industria alimentaria | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | LOE |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3137 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3135 | Limpeza e mantemento de instalacións e equipamentos | |
2º | MP3136 | Operacións básicas de laboratorio |
Título de Técnico básico en Industrias alimentarias
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.