Folletos Web Ciclo
Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP3065 | Cambio de cor do cabelo | LOOIFP |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3062 | Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3064 | Lavado e cambios de forma do cabelo | |
1º | MP3060 | Preparación do contorno profesional | |
2º | MP3005 | Atención á clientela | LOE |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | |
2º | MP3061 | Coidados estéticos básicos de uñas | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3067 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3063 | Maquillaxe |
Título de Técnico básico en Peiteado e estética
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.