Folletos Web Ciclo
Realizar operacións básicas de montaxe e mantemento de elementos de fontanaría, calefacción e climatización, pequenas reparacións e substitución de elementos sinxelos en instalacións electrotécnicas, en revestimentos continuos, en azulexado e en pintura, así como a montaxe e a colocación de moblaxe prefabricada e complementos mobiliarios da vivenda, coa calidade indicada, aplicando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nal-gunha lingua estranxeira.
Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | LOOIFP |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3024 | Fontanaría e calefacción básica | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3025 | Montaxe de equipamentos de climatización | |
1º | MP3090 | Operacións de conservación na vivenda e montaxe de accesorios | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | LOE |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3096 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3088 | Mantemento básico de instalacións electrotécnicas en viviendas | |
2º | MP3023 | Redes de evacuación |
Título de Técnico básico en Mantemento de vivendas
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.