Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos
Axudante de mantemento de sistemas informáticos
Axudante de instalador/ora de sistemas informáticos
Axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos
Auxiliar de oficina
Auxiliar de servizos xerais
Gravador-verificador de datos
Auxiliar de dixitalización
Operador documental
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3029 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos
MP3031 Ofimática e arquivamento de documentos
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3033 Formación en centros de traballo
MP3016 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos
MP3030 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Informática de oficina

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial