Folletos Web Ciclo
Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | LOOIFP |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3015 | Equipamentos eléctricos e electrónicos | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3029 | Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | LOE |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3032 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3016 | Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos | |
2º | MP3030 | Operacións auxiliares para a configuración e a explotación |
Título de Técnico básico en Informática e comunicacións
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.