Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Facer a recepción de materias primas, preelaborar e elaborar produtos básicos de panadaría e pastelaría, presentalos para a súa venda e dispensalos, aplicando os protocolos establecidos, as normas de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

En panadarías e pastelarías traballando por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas deste sector produtivo. Así mesmo, poden desenvolver a súa actividade seguindo instrucións e cun certo grao de autonomía, en pequenos establecementos dedicados á produción e á venda deses produtos.

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de panadaría e bolaría
Auxiliar de pastelaría
Empregado/a de establecemento de pastelaría
Auxiliar de almacén
Auxiliar de venda
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP3005 Atención á clientela LOOIFP
AM3009 Ciencias aplicadas I
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3133 Operacións auxiliares na industria alimentaria
MP3017 Procesos básicos de pastelaría
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3026 Dispensación en panadaría e pastelaría
MP3153 Formación en centros de traballo
MP3007 Procesos básicos de panadaría
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Actividades de panadaría e pastelaría

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
Ourense
Vilamarín