Folletos Web Ciclo
Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP3022 | Carpintaría de aluminio e PVC | LOOIFP |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3020 | Operacións básicas de fabricación | |
1º | MP3021 | Soldadura e carpintaría metálica | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | LOE |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3024 | Fontanaría e calefacción básica | |
2º | MP3027 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3025 | Montaxe de equipamentos de climatización | |
2º | MP3023 | Redes de evacuación |
Título de Técnico básico en Fabricación e montaxe
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.