Folletos Web Ciclo
Realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, tanto por xunto (centrais de compras, mercados centrais de abastos, “cash and carry”, etc.), como retallistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais), en centros de distribución comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | LOOIFP |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3070 | Operacións auxiliares de almacenaxe | |
1º | MP3001 | Tratamento informático de datos | |
1º | MP3069 | Técnicas básicas de merchandising | |
2º | MP3002 | Aplicacións básicas de ofimática | LOE |
2º | MP3005 | Atención á clientela | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3072 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3006 | Preparación de pedidos e venda de produtos |
Título de Técnico básico en Servizos comerciais
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.