Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en departamentos de preimpresión, impresión, encadernación, manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo, onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable.

Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de reprografía
Operario/a de acabamentos de reprografía
Auxiliar técnico/a de máquinas e equipamentos de produción gráfica
Auxiliar de taller en industrias gráficas
Axudante de máquinas e equipamentos de produción gráfica
Auxiliar de máquinas e equipamentos de produción gráfica
Operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais
Operario/a de oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais
Manipulador/ora de produtos de xigantografía
Peón da industria gráfica
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP3125 Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos LOOIFP
MP3005 Atención á clientela
AM3009 Ciencias aplicadas I
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3123 Informática básica aplicada en industrias gráficas
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3124 Traballos de reprografía
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3129 Formación en centros de traballo
MP3128 Manipulacións en industrias gráficas
MP3126 Operacións de almacén en industrias gráficas
MP3127 Operacións de produción gráfica
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Artes gráficas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial
A Coruña
Coruña, A
Ferrol
Santiago de Compostela
Pontevedra
Pontevedra