Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares en explotacións agrogandeiras relacionadas, entre outras cousas, con cultivos agrícolas, co manexo do gando e co envasamento e a distribución de produtos agroalimentarios, seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, as de benestar animal, as de seguridade alimentaria e as boas prácticas gandeiras, e comunicándose oralmente e por escrito en lingua galega e en lingua castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Área de produción e/ou na área ambiental en grandes, medianas e pequenas empresas agropecuarias, de carácter público ou privado, que se dediquen a actividades relacionadas co cultivo agrícola e coa gandaría produtiva.

Que ocupacións se desempeñan?
Peón agrícola
Peón agropecuario
Peón en horticultura
Peón en fruticultura
Peón en cultivos herbáceos
Peón en cultivos de flor cortada
Peón en explotacións gandeiras
Auxiliar de muxidura
Pastor/ora
Aplicador de biocidas en explotacións e vehículos gandeiros
Peón da industria alimentaria
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3052 Operacións auxiliares de obtención e colleita de cultivos
MP3051 Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos
MP3114 Operacións básicas de manexo da produción gandeira
AM3010 Ciencias aplicadas II LOE
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3111 Envasamento e distribución de materias primas agroalimentarias
MP3117 Formación en centros de traballo
MP3113 Operacións auxiliares de cría e alimentación do gando
MP3115 Operacións auxiliares de mantemento e hixiene en instalacións gandeiras
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Actividades agropecuarias

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial