Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes. Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

Que ocupacións se desempeñan?
Peón agrícola
Peón agropecuario
Peón en horticultura
Peón en fruticultura
Peón en cultivos herbáceos
Peón en cultivos de flor cortada
Peón de xardinaría
Peón de viveiro
Peón de centros de xardinaría
Peón de campos deportivos
Peón de floraría
Auxiliar de floraría
Auxiliar de almacén de flores
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
AM3009 Ciencias aplicadas I LOOIFP
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I
MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade
MP3051 Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos
MP3053 Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría
MP3055 Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes
MP3056 Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes
MP3050 Actividades de rega, fertilización e tratamentos en cultivos LOE
AM3010 Ciencias aplicadas II
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II
MP3058 Formación en centros de traballo
MP3057 Materiais de floraría
MP3054 Operacións auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Agroxardinaría e composicións florais

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
O Oferta ordinaria presencial