Folletos Web Ciclo
Realizar operacións auxiliares no control de acceso, circulación e asistencia aos usuarios e visitantes da instalación deportiva, o apoio á organización de actividades físico deportivas seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, a prevención para a mellora da seguridade dentro do recinto e a reposición ou reparación de avarías de nivel básico, operando coa calidade indicada, e actuando en condicións de seguridade e de prevención de riscos laborais e a protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en lingua castelá e no seu caso na lingua cooficial propia, así como nalgunha lingua estranxeira.
Actividade profesional por conta allea, tanto no ámbito público, a Administración Xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en ximnasios e federacións deportivas, en piscinas, espazos naturais, parques acuáticos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo activo, hoteis, cámpings, balnearios e centros de SPA, empresas de xestión deportiva, clubs e asociacións deportivo-recreativas e de lecer, centros educativos e instalacións deportivas afíns, e baixo a supervisión directa dun responsable superior.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP3004 | Arquivamento e comunicación | LOOIFP |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | |
1º | MP3150 | Reparación de avarías e reposición de utensilios | |
1º | MP3003 | Técnicas administrativas básicas | |
2º | MP3148 | Acceso de usuarios e organización da instalación físicodeportiva | LOE |
2º | MP3149 | Asistencia na organización de espazos e actividades, e na repartición de material na instalación fisicodeportiva | |
2º | MP3005 | Atención á clientela | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | |
2º | MP3152 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP3151 | Operacións básicas de prevención nas instalacións deportivas |
Título de Técnico básico en Acceso e conservación en instalacións deportivas
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.