Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares para a conservación, a mellora e o aproveitamento do monte, así como de produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, e levar a cabo operacións auxiliares para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Na área de produción e/ou na área ambiental en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas a traballos de repoboación forestal, tratamentos silvícolas e traballos de mellora, mantemento da infraestrutura forestal e aproveitamentos forestais. Ademais, realizan traballos auxiliares no mantemento de xardíns, áreas recreativas e zonas verdes.

Que ocupacións se desempeñan?
Peón forestal
Peón agropecuario
Peón en cultivos herbáceos
Peón de xardinaría
Peón de viveiro
Peón en explotacións forestais
Peón en empresas de implantacións forestais
Peón en empresas de tratamentos silvícolas
Peón en empresas de aproveitamentos forestais
Aplicador/ora de nivel básico de praguicidas de uso fitosanitario
Peón en empresas de mantemento de xardíns
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
AM3009 Ciencias aplicadas I 175
MP3121 Colleita de produtos forestais 117
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206
MP3053 Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría 175
MP3119 Traballos de aproveitamentos forestais 237
AM3010 Ciencias aplicadas II 162
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135
MP3122 Formación en centros de traballo 320
MP3056 Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes 120
MP3118 Repoboación e infraestruturas forestais 156
MP3120 Silvicultura e pragas 135
Que título se obtén?

Título de Técnico básico en Aproveitamentos forestais

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
Ourense
Vilamarín