Presentación de Evento en liña da incubadora High Tech Auto
A incubadora HTA é unha iniciativa froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, o consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación INCYDE, para o desenvolvemento de ideas empresarias no ámbito do sector da automoción, o sector auxiliar de compoñentes e os servizos avanzados para a industria da automoción. High Tech Auto é unha incubadora que apoia ideas de negocio relacionadas coa automoción e a mobilidade.
HTA axuda aos emprendedores a converter a súa idea nunha empresa mediante:
- Talleres específicos (financiamento, innovación , internacionalización...) impartidos por profesionais do sector.
- Un programa de netwoking para contactar con distintas empresas e entidades relacionadas coa automoción e a mobilidade.
- Asignación de espazos de coworking.
- Acceso ao laboratorio de Fabricación e Servizos Dixitais e Tecnolóxicos de automoción que conta con distintas áreas especializadas: Área de Conectividade (Contorna 5 G), Área de Dixitalización e Automatización (Realidade Virtual/Realidade Aumentada), Área de Electrónica, Área TIC/Equipos Informáticos (Apps, Hardware e Software) e Área de Prototipado Rápido (3D).
No evento do próximo 23 de maio explicaranse todos os detalles dos programas que ten a incubadora, como poder presentar unha candidatura para participar en HTA e resolveranse todas as dúbidas que poidan ter os estudantes. No evento contarase cun proxecto que xa participou no Programa de High Tech Auto, que falará da súa experiencia na incubadora.
O Programa do evento e o seguinte:
- 10:30 – 10:35. Benvida Carlos Vázquez Mariño, Subdirector Xeral de Formación Profesional
- 10:35 – 10:55. Características 4ª Edición HTA, Heiko Unzalu, Coordinador HTA
- 10:55 – 11:00. Caso de éxito HTA, Iván Bastero, Van Cubic
- 11:00 – 11:05. Fany Suárez, Subdirectora de Oficina Galicia Emprende, Igape
- 11:05 – 11:15. Preguntas audiencia
- 11:15 – 11:20. Peche Carlos Vázquez Mariño, Subdirector Xeral de Formación Profesional
Para asistir ao evento en liña debe realizarse a inscrición a través do seguinte ligazón: