Curso de Formación: A accesibilidade universal como oportunidade de negocio
A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organiza o curso "A accesibilidade universal como oportunidade de negocio" (20h)
O curso está dirixido especialmente para o sector empresarial, aínda que está aberto a calquera persoa interesada.
As solicitudes, segundo o modelo de inscrición, dirixiranse ao presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e presentaranse mediante:
- Rexistro da Mancomunidade, sito na Praza de Galicia, 2º andar, Casa do Concello de Boiro. De luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas.
- Por correo electrónico: correo@arousa-norte.es. Entendéndose asinada a solicitude de inscrición no momento de envío por correo electrónico.
- Por correo postal certificado.
Non se admitirán as solicitudes que non teñan cubertos todos os seus apartados.
O prazo de inscrición remata o 23 de abril ás 13:30h.
Realizarase na Casa de Cultura de Boiro os días 6, 7, 9, 13 e 14 de maio en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Para calquera dúbida en relación a este programa formativo poden poñerse en contacto coa Mancomunidade de Municipios no teléfono 981 845 236 ou por correo electrónico no enderezo correo@arousa-norte.es.