Currículos

O currículo das ensinanzas de formación profesional defínese como o conxunto de obxectivos, contidos, orientacións pedagóxicas, criterios de avaliación e directrices que regulan a práctica docente, que servirán de instrumento para acadar os fins destas ensinanzas.

Os currículos establécense coa seguinte estrutura:

 1. Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva do título no sector ou nos sectores correspondentes:

  • Identificación.
  • Perfil profesional do título, onde se especifique:
    • Competencia xeral.
    • Competencias profesionais, persoais e sociais.
    • Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.
  • Contorno profesional.
  • Prospectiva do título no sector ou nos sectores.

 2. Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos do contexto:

  • Obxectivos xerais.
  • Módulos profesionais.
  • Espazos e equipamentos. 
  • Profesorado.

 3. Acceso a outros estudos e vinculación con eles, así como a correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia.

  • Acceso a outros estudos.
  • Validacións e exencións.
  • Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención.

 4. Organización da impartición, onde se especifique:

  • Distribución horaria.
  • Desenvolvemento do currículo.
  • Titulacións equivalentes e vinculacións coas capacitacións profesionais.
  • Regulación do exercicio da profesión, se é o caso.
  • Accesibilidade ás ensinanzas do título.
  • Autorizacións a centros privados.
  • Calendario de implantación.
 
Tema: