O conselleiro de Cultura e Educación clausurou hoxe o Congreso "Innova FP Galicia"
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, clausurou hoxe o congreso ‘Innova FP Galicia’, un evento no que a Formación Profesional amosou o seu potencial como viveiro de investigación e innovación para o desenvolvemento dos nosos sectores produtivos. Neste sentido o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia salientou o excelente traballo de profesorado e alumnado que durante os dous días que durou o congreso deron a coñecer 57 proxectos tanto do sector industrial, como referidos a servizos e diversidade social, nos que participaron 33 centros educativos e colaboraron 79 empresas. No acto participou tamén o director xeral de FP do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Ángel de Miguel Casas.