Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP)
Os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) na Comunidade Autónoma de Galicia son aqueles que ofrecen e imparten formación profesional inicial ou regrada, e formación para o emprego.
A súa oferta formativa está dirixida a colectivos destinatarios dos dous subsistemas indistintamente e está referida ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Fins dos centros integrados de formación profesional
Os Centros Integrados de Formación Profesional contribúen ao desenvolvemento do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional e teñen os fins seguintes:
- A cualificación e a recualificación das persoas ao longo da vida, mediante o establecemento dunha oferta de formación profesional modular, flexible, de calidade, e adaptada ás demandas da poboación e ás necesidades xeradas polo tecido produtivo.
- Cando proceda, no marco do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional, a contribución á avaliación e á acreditación de competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e de vías non formais de formación, promovendo así a valoración social do traballo.
- A prestación dos servizos de información e de orientación profesional ás persoas para tomaren as decisións máis axeitadas respecto das súas necesidades de formación profesional en relación co contorno produtivo en que se desenvolvan.
- O establecemento dun espazo de cooperación entre o sistema de formación profesional e o contorno produtivo sectorial e local, para desenvolver e estender unha cultura da formación permanente, contribuíndo a prestixiar a formación profesional.
- O fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, con especial incidencia na erradicación de prexuízos.
- A facilitación do acceso da mocidade ao primeiro emprego, así como da conservación e a mellora do posto de traballo dos traballadores e das traballadoras, mediante unha oferta formativa de calidade que promova a aprendizaxe permanente e a capacidade de adaptación aos cambios sociais, organizativos e tecnolóxicos que se manifestan nos sectores produtivos da nosa comunidade.
- O impulso á mellora das aptitudes e das competencias do alumnado, promovendo proxectos de mobilidade, perfeccionamento profesional e cooperación nun contexto europeo.
Rede de CIFP de Galicia
A Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia está composta polos seguintes vinte e oito centros.
- CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
- CIFP A Farixa
- CIFP A Granxa
- CIFP A Xunqueira
- CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
- CIFP As Mercedes
- CIFP Audiovisual de Vigo
- CIFP Carlos Oroza
- CIFP Compostela
- CIFP Coroso
- CIFP de Cantería de Galicia
- CIFP de Vilamarín
- CIFP Ferrolterra
- CIFP Fontecarmoa
- CIFP Fraga do Eume
- CIFP Imaxe e Son
- CIFP Leixa
- CIFP Manuel Antonio
- CIFP Montecelo
- CIFP Paseo das Pontes
- CIFP Politécnico de Lugo
- CIFP Politécnico de Santiago
- CIFP Porta da Auga
- CIFP Portovello
- CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
- CIFP Someso
- CIFP Universidade Laboral
- CIFP Valentín Paz Andrade
Sistema de Xestión da Calidade
A Rede de Centros Integrados de Formación Profesional en Galicia conta xa co recoñecemento do Sistema de Xestión da Calidade da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), baseado na norma internacional ISO 9001.
- Ver nova