SSEA01

 

SSEA01 - Educación e control ambiental

Ciclo formativo
Familia: Seguridade e medio ambiente
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSEA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Sensibilizar e educar a poboación, promovendo actitudes que contribúan á conservación ea mellora do medio, informando sobre os seus valores e os problemas ambientais, capacitando para unha correcta toma de decisións, deseñando actividades para o seu coñecemento e un uso baseado en principios de sustentabilidade, así como realizar accións de xestión ambiental para controlar e protexer o medio, aplicando a normativa.

 

En que ámbitos se traballa?
En calquera organización de carácter público ou privado, que teña como obxecto o control ambiental e os seus recursos, o desenvolvemento de programas de educación ambiental (información, comunicación, formación, interpretación e participación), a realización de actividades de guía-intérprete e acompañamento polo contorno, ou a xestión ambiental.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Educador/ora ambiental, informador/ora ambiental, monitor/ora de educación ambiental, documentalista ambiental, guía ambiental, programador/ora de actividades ambientais,monitor/ora de campañas ambientais, guía-intérprete do patrimonio natural, profesional do servizo de xestión ambiental, profesional do servizo de ambiente, técnico/a en control de espazos naturais, monitor/ora da natureza, axente ambiental ou similar, monitor/ora de equipamentos ambientais.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0787 Actividades humanas e problemática ambiental 133 5
MP0785 Estrutura e dinámica do ambiente 133 5
MP0795 Formación e orientación laboral 107 4
MP0786 Medio natural 187 7
MP0789 Métodos e produtos cartográficos 80 3
MP0790 Técnicas de educación ambiental 107 4
MP0788 Xestión ambiental 213 8
MP0792 Actividades de uso público 157 9
MP0793 Desenvolvemento no medio 87 5
MP0796 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0797 Formación en centros de traballo 384
MP0017 Habilidades sociais 123 7
MP0791 Programas de educación ambiental 210 12
MP0794 Proxecto de educación e control ambiental 26

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa 886120880




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).