SINA01
SINA01 - Vitivinicultura
Que se aprende a facer?
Organizar, programar e supervisar a produción na industria vitivinícola controlando a produción vitícola e as operacións de elaboración, estabilización e envasamento de viños e derivados, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, consonte a lexislación.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva, á elaboración, á crianza e ao envasamento de viño, así como en pequenas, medianas e grandes industrias de destilados de viño, concentración de mostos, elaboración de vinagres e outros produtos derivados da uva e do viño. Trátase de persoal por conta allea ou propia que exerce a súa actividade en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, produción e envasamento.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a vitivinícola. Encargado/a de proceso de destilación e rectificación. Encargado/a de recepción de mostos frescos e sulfitados. Supervisor/ora de columnas de destilación e concentración. Encargado/a da liña de envasamento de destilados, concentrados e vinagres. Encargado/a de avellentamento e crianza de destilados e vinagres. Técnico/a en análise sensorial.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0081 | Análise enolóxica | 213 | 8 | |
1º | MP0083 | Cata e cultura vitivinícola | 80 | 3 | |
1º | MP0088 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0079 | Procesos bioquímicos | 213 | 8 | |
1º | MP0078 | Vinificacións | 187 | 7 | |
1º | MP0077 | Viticultura | 160 | 6 | |
2º | MP0084 | Comercialización e loxística na industria alimentaria | 123 | 7 | |
2º | MP0089 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0080 | Estabilización, crianza e envasamento | 140 | 8 | |
2º | MP0090 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0082 | Industrias derivadas | 87 | 5 | |
2º | MP0085 | Lexislación vitivinícola e seguridade alimentaria | 140 | 8 | |
2º | MP0087 | Proxecto na industria vitivinícola | 26 | ||
2º | MP0086 | Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria | 87 | 5 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Barco de Valdeorras, O | 32001725 | IES Lauro Olmo | 988320175 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).