SELE02

 

SELE02 - Sistemas de telecomunicacións e informáticos

Ciclo formativo
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SELE02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos, así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de produción audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, a integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, como persoal desenvolvedor de proxectos, integrador de sistemas e supervisor da montaxe e omantemento das instalacións e infraestruturas, tanto por conta propia como por conta allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de proxectista, supervisor/ora da montaxe en instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios; técnico/a en verificación e control de equipamentos e instalacións de telecomunicacións, en supervisión, instalación, verificación e control de equipamentos de sistemas de radio e televisión en estudios de produción e sistemas de produción audiovisual, en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de radiodifusión, en sistemas de seguridade electrónica e circuítos pechados de televisión, en redes locais e sistemas telemáticos, en sistemas de radioenlaces; especialista en integración, instalación e mantemento de equipamentos e sistemas informáticos e de sistemas de telecomunicación; xefe/a de obra en instalacións de telecomunicacións.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0525 Configuración de infraestruturas de sistemas de telecomunicacións 107 4
MP0551 Elementos de sistemas de telecomunicacións 240 9
MP0559 Formación e orientación laboral 107 4
MP0713 Sistemas de telefonía fixa e móbil 133 5
MP0552 Sistemas informáticos e redes locais 213 8
MP0553 Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións 160 6
MP0560 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0561 Formación en centros de traballo 384
MP0558 Proxecto de sistemas de telecomunicacións e informáticos 26
MP0555 Redes telemáticas 105 6
MP0554 Sistemas de produción audiovisual 174 10
MP0556 Sistemas de radiocomunicacións 105 6
MP0557 Sistemas integrados e fogar dixital 123 7
MP0601 Xestión de proxectos de instalacións de telecomunicacións 70 4

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15005269 IES Urbano Lugrís 881960715
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 881867601




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).