MTMV50

 

MTMV50 - Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos

Curso de especialización
Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 650
Código: MTMV50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar operacións de mantemento, montaxe de elementos e conxuntos, localización de avarías, reparación, verificación e axuste, en vehículos con sistemas de propulsión híbridos e eléctricos, seguindo especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental, cumprindo a normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da produción e mantemento de vehículos híbridos e eléctricos e en subsectores de automóbiles.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico de mantemento de vehículos eléctricos, técnico de mantemento de vehículos híbridos, técnico instalador de accesorios de vehículos, vendedor/distribuidor de recambios e equipos de diagnoses, técnico de montaxe en empresas de fabricación de vehículos, técnico reparador de sistemas pneumáticos e hidráulicos, técnico reparador de sistemas de transmisión e freos, técnico reparador de sistemas de dirección e suspensión, técnico reparador de sistemas eléctricos e de carga, operario de empresas de fabricación de recambios e operario de centros autorizados de tratamento (CATs) de vehículos eléctricos e/ou híbridos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5064 Formación en centros de traballo 120
MP5060 Seguridade en vehículos híbridos e eléctricos 87 5
MP5061 Sistemas de propulsión en vehículos híbridos e eléctricos 160 9
MP5062 Sistemas eléctricos de alta voltaxe, baterías e recarga 150 9
MP5063 Transmisión de forzas e xestión térmica 133 7

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Estrada, A 36002359 IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez 886151924




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).