MQUI01
MQUI01 - Planta química
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas e de control nos procesos para a obtención e a transformación de produtos químicos, mantendo operativos os sistemas, os equipamentos e os servizos auxiliares, controlando as variables do proceso para asegurar a calidade do produto, e cumprindo as normas de prevención de riscos laborais, de seguridade e ambientais.
En que ámbitos se traballa?
En empresas do sector químico dentro da área de produción, recepción, expedición, acondicionamento, aprovisionamento loxístico, enerxía e servizos auxiliares, tanto no subsector da química básica como no da química transformadora.
Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora principal en instalacións de tratamento químico. Operador/ora de máquinas quebrantadoras, trituradoras e mesturadoras de substancias químicas. Operador/ora en instalacións de tratamento químico térmico. Operador/ora de equipamentos de filtraxe e separación de substancias químicas. Operador/ora de equipamentos de destilación e reacción química. Operador/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Encargado/a de operadores/oras de máquinas para fabricar produtos químicos. Operador/ora en instalacións de produción de enerxía e operacións auxiliares das plantas químicas. Operador/ora de equipamentos de filtración, separación e depuración de augas. Operador/ora de máquinas para fabricar municións e explosivos. Outros/as operadores/oras de instalacións de tratamento de produtos químicos. Outros/as operadores/as de máquinas para fabricar produtos químicos. Operador/ora de equipamentos para a fabricación de fertilizantes. Operador/ora en instalacións de tratamento de augas. Persoal auxiliar de operación de instalacións de coxeración eléctrica. Operador/ora de máquinas para fabricar accesorios fotográficos e cinematográficos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0117 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MP0113 | Operacións de xeración e transferencia de enerxía en proceso químico | 240 | ||
1º | MP0110 | Operacións unitarias en planta química | 266 | ||
1º | MP0109 | Parámetros químicos | 160 | ||
1º | MP0114 | Transporte de materiais na industria química | 187 | ||
2º | MP0112 | Control de procesos químicos industriais | 175 | ||
2º | MP0118 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP0119 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0111 | Operacións de reacción en planta química | 157 | ||
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 | ||
2º | MP0115 | Tratamento de augas | 140 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).