E3TMV005100
E3TMV005100 - LOOIFP | Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos
Que se aprende a facer?
Organizar, planificar e diagnosticar avarías, e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística na área de vehículos híbridos e eléctricos, garantindo o cumprimento das especificacións técnicas de seguridade e de protección ambiental establecidas na normativa.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e o mantemento de vehículos híbridos e eléctricos, e en subsectores de automóbiles.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a da área de mantemento de vehículos híbridos e eléctricos. Responsable de seguridade na área de mantemento de vehículos. Encargado/a de inspección técnica de vehículos. Responsable de recepción de vehículos. Xefe/a da área de recambios e equipamentos de diagnose. Perito/a taxador/a de vehículos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5076 | Seguridade en vehículos con sistemas de alto voltaxe | 90 | 5 | |
1º | MP5078 | Sistemas de alto voltaxe, almacenamento e recarga eléctrica | 160 | 9 | |
1º | MP5079 | Sistemas de transmisión, freno rexenerativo e control térmico | 120 | 7 | |
1º | MP5077 | Tracción eléctrica e híbrida en vehículos | 160 | 9 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006528 | CIFP As Mercedes | 982828001 |
Ribadeo | 27020793 | CIFP Porta da Auga | 982128894 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009131 | IES Universidade Laboral | 988788486 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36014568 | CIFP Valentín Paz Andrade | 886110857 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).