E3IMA005200

 

E3IMA005200 - LOOIFP | Modelaxe da información da construción (BIM)

Curso de especialización
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 600
Código: E3IMA005200
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Desenvolver e modelar a información gráfica e non gráfica de proxectos de Arquitectura, Enxeñería e Construción baixo a metodoloxía BIM nas súas diferentes dimensións, así como colaborar nos procesos dos proxectos, respectando os requisitos do cliente (EIR, Employer's Information Requeriments) e as prescricións establecidas no Plan de Execución BIM (BEP, Building Execution Plan), entre outras.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas, públicas e privadas, do sector de arquitectura, enxeñería e construción que desenvolvan proxectos baixo a metodoloxía BIM, cuxas actividades teñan unha clara tendencia á dixitalización dos procesos de desenvolvemento de modelos de información de proxectos e de activos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Modelador BIM e coordinador de modelos BIM.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5059 Control, xestión e orzamentos 80 4
MP5055 Metodoloxía BIM 100 5
MP5056 Modelos de arquitectura e estruturas 150 7
MP5058 Modelos de instalaciones eléctricas e comunicacións 120 6
MP5057 Modelos de instalacións mecánicas e sustentabilidade 150 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).