E3IFC005100
E3IFC005100 - LOOIFP | Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual
Que se aprende a facer?
Deseñar e desenvolver videoxogos para diferentes dispositivos e plataformas, garantindo a experiencia do usuario, utilizando ferramentas de última xeración que permitan actuar en todas as fases do seu desenvolvemento, así como aplicacións interactivas de realidade virtual e aumentada.
En que ámbitos se traballa?
Empresas, públicas e privadas do sector dos videoxogos, así como crear o seu propio estudo de desenvolvemento de videoxogos.
Que ocupacións se desempeñan?
Desarrollador de videoxogos, responsable de probas de videoxogos, responsable do proceso de creación de videoxogos, deseñador gráfico2D e 3D de videoxogos, desarrollador de aplicacións de realidade virtual, aumentada e mixta.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5049 | Deseño gráfico 2D e 3D | 136 | 8 | |
1º | MP5052 | Deseño, xestión, publicación e produción | 136 | 8 | |
1º | MP5048 | Programación e motores de videoxogos | 146 | 8 | |
1º | MP5050 | Programación en rede e intelixencia artificial | 91 | 5 | |
1º | MP5051 | Realidade virtual e realidade aumentada | 91 | 5 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27015773 | IES Muralla Romana | 982828081 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).