E3IFC005000
E3IFC005000 - LOOIFP | Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5024 | Análise forense informático | 120 | 5 | |
1º | MP5022 | Bastionado de redes e sistemas | 160 | 6 | |
1º | MP5025 | Hacking ético | 120 | 5 | |
1º | MP5021 | Incidentes de ciberseguridade | 140 | 6 | |
1º | MP5026 | Normativa de ciberseguridade | 60 | 3 | |
1º | MP5023 | Posta en produción segura | 120 | 5 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15006778 | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | 881930145 |
Santiago de Compostela | 15021482 | IES San Clemente | 881867501 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Marín | 36015159 | IES Chan do Monte | 886151275 |
Vigo | 36018173 | IES de Teis | 886120464 |
Vilagarcía de Arousa | 36019669 | IES Armando Cotarelo Valledor | 986512311 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).