E3ELE005100
E3ELE005100 - LOOIFP | Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Organizacións de diversos sectores, nas que cumpra establecer e garantir a seguridade dos procesos industriais que desenvolven.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e analista de ciberseguridade, todas elas en contornas da operación.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5030 | Análise forense en ciberseguridade industrial | 180 | 7 | |
1º | MP5027 | Ciberseguridade en proxectos industriais | 100 | 4 | |
1º | MP5029 | Redes de comunicacións industriais seguras | 140 | 6 | |
1º | MP5031 | Seguridade integral | 180 | 8 | |
1º | MP5028 | Sistemas de control industrial seguros | 120 | 5 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Monforte de Lemos | 27007247 | IES Francisco Daviña Rey | 982828200 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36017430 | IES Ricardo Mella | 886121001 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).