E3ELE005000
E3ELE005000 - LOOIFP | Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias
Que se aprende a facer?
Organizar, planificar, supervisar e executar a montaxe e o mantemento avanzado de sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias, aplicando a normativa vixente, e seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais, e de protección e respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade en empresas onde cumpra realizar labores de colaboración no desenvolvemento de proxectos relacionadas coa instalación, a configuración, a supervisión e o mantemento de sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias. Así mesmo, poderán exercer a súa actividade, tanto no sector público como no privado, na instalación e no mantemento dos sistemas de sinalización e telecomunicacións utilizados nos servizos de transporte ferroviario, xa sexa dos prestados ao abeiro da Lei 38/2015, do sector ferroviario, ou xa dos subministrados polos ferrocarrís autonómicos, urbanos (tranvías), suburbanos (metros) e interurbanos (metros ou tranvías lixeiros). Entre outros sectores empresariais, cabe destacar os que a seguir se relacionan:
• Empresas de instalación de infraestruturas de sinalización e seguridade ferroviarias.
• Empresas de instalación de sistemas de telecomunicacións ferroviarias.
• Empresas de instalación de sistemas de control-mando e sinalización do sistema ferroviario.
• Empresas de mantemento de infraestruturas de sinalización e seguridade ferroviarias.
• Empresas de mantemento de sistemas de telecomunicacións ferroviarias.
• Empresas de mantemento de sistemas de control-mando e sinalización do sistema ferroviario.
• Empresas administradoras de infraestruturas ferroviarias de ámbito estatal.
• Empresas administradoras de infraestruturas ferroviarias de ámbito autonómico, interurbano ou local.
• Empresas administradoras de infraestruturas de ferrocarrís metropolitanos.
Que ocupacións se desempeñan?
Responsable técnico/a de instalacións de sinalización. Responsable técnico/a de instalacións de telecomunicacións. Responsable técnico/a de instalacións de telemandos. Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de seguridade. Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de sistemas de telecomunicacións. Xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de seguridade. Xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de seguridade. Xefe/a de equipo de montadores/as de sistemas de telecomunicacións. Xefe/a de equipo de mantedores/as de sistemas de telecomunicacións. Encargado/a de sector de instalacións de seguridade. Encargado/a de sector de telecomunicacións. Montador/a eléctrico/a de instalacións de seguridade con especialización. Oficial de telecomunicacións con especialización. Técnico/a axudante. Responsable de mantemento e control.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5044 | Infraestrutura de sistemas de sinalización e seguridade ferroviaria | 125 | 8 | |
1º | MP5046 | Normativa de sinalización e seguridade ferroviaria | 88 | 6 | |
1º | MP5045 | Sistemas de control e xestión do tráfico ferroviario | 125 | 7 | |
1º | MP5043 | Sistemas de telecomunicacións ferroviarias | 142 | 9 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Monforte de Lemos | 27007247 | IES Francisco Daviña Rey | 982828200 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).