E2ELE005100
E2ELE005100 - LOOIFP | Instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT)
Que se aprende a facer?
Instalación, posta en servizo e mantemento de dispositivos e sistemas conectados a internet, IoT, asegurando a súa funcionalidade e conectividade, aplicando a normativa e a regulamentación, e os protocolos de calidade, privacidade, seguridade dixital, riscos laborais e respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas, públicas e privadas, dedicadas á instalación, á configuración, á posta en servizo e ao mantemento de todo tipo de dispositivos, desde sensores e actuadores a obxectos comúns e sistemas conectados.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en redes. Instalador/a de equipamentos e sistemas electrónicos. Instalador/a e reparador/a de sistemas e dispositivos conectados. Instalador/a e reparador/a en tecnoloxías da información e da comunicación. Instalador/a e reparador/a de dispositivos IoT. Mantedor/a de sistemas conectados. Técnico/a en IoT.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5081 | Instalación de dispositivos e sistemas conectados, IoT | 198 | 17 | |
1º | MP5082 | Mantemento de dispositivos e sistemas conectados, IoT | 162 | 13 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36017430 | IES Ricardo Mella | 886121001 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).