D3SSC000400
D3SSC000400 - LOOIFP | Mediación comunicativa
Que se aprende a facer?
Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.
En que ámbitos se traballa?
No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ám-bitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas.
Que ocupacións se desempeñan?
Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Técnico/a en promoción, atención e formación a persoas xordas. Axente dinamizador/ora da comunidade xorda. Mediador/ora social da comunidade xorda. Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega. Axente dinamizador da comunidade xordocega. Mediador de persoas xordocegas. Asistente de persoas xordocegas. Mediador de persoas con dificultades de comunicación.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1114 | Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1113 | Intervención socioeducativa con persoas xordocegas | |||
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP1115 | Lingua de signos | |||
1º | MP1111 | Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala | |||
1º | MP1112 | Sensibilización social e participación | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP1118 | Técnicas de intervención comunicativa |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15022607 | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto | 881960122 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Redondela | 36019566 | IES de Chapela | 886110610 |
Vigo | 36010794 | CPR Fillas de María Inmaculada | 986423988 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).