D3SSC000100
D3SSC000100 - LOOIFP | Educación infantil
Que se aprende a facer?
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
En que ámbitos se traballa?
No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
Que ocupacións se desempeñan?
Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas. Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0015 | Desenvolvemento cognitivo e motor | |||
1º | MP0011 | Didáctica da educación infantil | |||
1º | MP0014 | Expresión e comunicación | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0013 | O xogo infantil e a súa metodoloxía | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Arzúa | 15020313 | EFAG El Piñeiral | 981500580 |
Coruña, A | 15022607 | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto | 881960122 |
Coruña, A | 15004782 | CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha | 981222542 |
Ferrol | 15021469 | CIFP Leixa | 881938125 |
Santiago de Compostela | 15016000 | CIFP Compostela | 881866570 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Monforte de Lemos | 27007247 | IES Francisco Daviña Rey | 982828200 |
Ribadeo | 27020793 | CIFP Porta da Auga | 982128894 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32016765 | CIFP Portovello | 988788901 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Mos | 36005427 | CPR Plurilingüe Lar | 986487792 |
Neves, As | 36005671 | EFAG A Cancela | 986648250 |
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Redondela | 36019566 | IES de Chapela | 886110610 |
Vigo | 36011622 | CPR Aloya | 986420722 |
Vigo | 36011361 | CPR Plurilingüe San José de la Guía | 986376153 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).