D3SAN000800
D3SAN000800 - LOOIFP | Documentación e administración sanitarias
Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1518 | Arquivamento e documentación sanitarios | |||
1º | MP1521 | Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias | |||
1º | MP1517 | Extracción de diagnósticos e procedementos | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0649 | Ofimática e proceso da información | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP1516 | Terminoloxía clínica e patoloxía |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Santiago de Compostela | 15023466 | IES Lamas de Abade | 881866611 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32008902 | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | 988788470 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Redondela | 36019566 | IES de Chapela | 886110610 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).