D3QUI000200

 

D3QUI000200 - LOOIFP | Química industrial

Ciclo formativo
Familia: Química
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3QUI000200
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados, supervisando e asegurando o seu funcionamento, as postas en marcha e as paradas, e verificando as condicións establecidas de seguridade, de calidade e ambientais.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector químico nas áreas de produción de plantas químicas, de coxeración de enerxía e de servizos auxiliares.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de planta química. Encargado/a de operacións de máquinas para fabricar, transformar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/ora de área de produción de enerxía. Supervisor/ora de área de servizos auxiliares. Supervisor/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Xefe/a de equipo en instalacións de tratamento químico. Xefe/a de equipo en almacéns en industrias químicas. Xefe/a de parque de tanques en industrias químicas. Xefe/a de zona de recepción e expedición de materias e produtos químicos. Supervisor/ora de sistemas de control. Supervisor/ora de cuarto de control. Supervisor/ora de área en plantas de química de transformación. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Responsable de formulación.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0193 Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos
MP0192 Formulación e preparación de mesturas
MP0179 Inglés profesional 53 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso
MP0188 Operacións básicas na industria química
MP0194 Prevención de riscos en industrias químicas
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP0186 Transporte de sólidos e fluídos

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027770 IES A Sardiñeira 881960150

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Cervo 27016509 IES Marqués de Sargadelos 982870193

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).