D3MAM000100
D3MAM000100 - LOOIFP | Deseño e amoblamento
Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira,moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, encargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controlador/ora de produción,xefe/a de sección, xefe/a de equipo.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0987 | Automatización en carpintaría e moble | |||
1º | MP0983 | Fabricación en carpintaría e moble | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0982 | Procesos en industrias de carpintaría e moble | |||
1º | MP0984 | Representación en carpintaría e moblaxe | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0990 | Xestión da produción en carpintaría e moble |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Vigo | 36014568 | CIFP Valentín Paz Andrade | 886110857 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).