D3IMS000500
D3IMS000500 - LOOIFP | Iluminación, captación e tratamento de imaxe
Que se aprende a facer?
Realizar proxectos fotográficos completos, captar, rexistrar e tratar imaxes en producións audiovisuais, e iluminar espazos escénicos en audiovisuais, espectáculos e eventos,determinando e controlando a calidade técnica, formal e expresiva.
En que ámbitos se traballa?
No ámbito da captación, rexistro de imaxes e iluminación en produtoras de cine e vídeo, e en emisoras de televisión, así como en empresas dedicadas á iluminación espectacular en calquera clase de espectáculos e eventos, e tamén en empresas dedicadas á elaboración,a xeración e o tratamento dixital de imaxes fotográficas.
Que ocupacións se desempeñan?
Cámara de cine, vídeo e televisión; axudante de cámara; cámara de ENG; iluminador/ora de televisión; axudante de iluminación; responsable de iluminación en espectáculos envivo; luminotécnico/a de espectáculos en vivo; técnico/a de mesas de control de iluminación en espectáculos; fotógrafo/a; foto fixa; reporteiro gráfico; retocador/ora fotográfico/a dixital; supervisor/ora de sistemas dixitais e vectoriais de imaxe.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1162 | Control da iluminación | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP1161 | Luminotecnia | |||
1º | MP1158 | Planificación de cámara en audiovisuais | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP1159 | Toma de imaxe audiovisual | |||
1º | MP1164 | Toma fotográfica |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027800 | CIFP Imaxe e Son | 981173181 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36024461 | CIFP Audiovisual de Vigo | 886111152 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).