D3IMS000200

 

D3IMS000200 - LOOIFP | Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Ciclo formativo
Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3IMS000200
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e supervisar a preparación, a realización e a montaxe de proxectos audiovisuais filmados, gravados ou en directo, así como rexer os procesos técnicos e artísticos de representacións de espectáculos en vivo e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos e controlando o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecida.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector da produción e realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo,multimedia, televisión e novos medios), e no da produción e a realización de espectáculos(artes escénicas, producións musicais e eventos).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de dirección en cine; axudante de realización de vídeo; axudante de realizaciónde televisión; responsable de área de audiovisuais (en empresas alleas á actividade);montador/ora de cine; editor/ora montador/ora de vídeo; xefe/a de rexedoría; rexedor de espectáculos en vivo; rexedor de eventos; rexedor de paredes.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0179 Inglés profesional 53 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos
MP0906 Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais
MP0902 Planificación da realización en cine e vídeo
MP0904 Planificación da realización en televisión
MP0908 Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027800 CIFP Imaxe e Son 981173181

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36024461 CIFP Audiovisual de Vigo 886111152




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).